http://bienhablada.lacoctelera.net <a href="http://www.flickr.com/photos/25553372@N08/2424370131/" title="galaxia copia por gonzalezolalla, en Flickr"><img src="http://farm4.static.flickr.com/3110/2424370131_e68032f3e8_o.jpg" width="720" height="170" alt="galaxia copia" /></a> es-es Televisión y Series comunicacion publicidad marketing http://s3.amazonaws.com/lcp/bienhablada/myfiles/31065x65.jpg http://bienhablada.lacoctelera.net the-shaker v0.1. More on http://www.the-shaker.com Curioso, curioso... http://bienhablada.lacoctelera.net/post/2008/08/01/curioso-curioso 2008-08-01T19:46:06+00:00
Non me puiden resistir de non volver a publicar despois de ver isto que vos mostro de seguido. Vemos que na cabeza dos arquitectos teñen que pasar moitas cousas xa que non me explico como se lles ocorren estas rarezas. Sen máis espera póñevos un exemplo para que teñades un adianto, jeje:

Pero a cousa non se queda ahí entrade neste enlace que non ten perda.

Saúdos e se atopo máis cousas ensinaréivolas.

]]>
http://bienhablada.lacoctelera.net/post/2008/08/01/curioso-curioso#comentarios
Como cargarse un blog http://bienhablada.lacoctelera.net/post/2008/05/28/como-cargarse-blog 2008-05-28T13:53:46+00:00 Se queres que o teu blog estea no final de todos os rankings segue tes que ser moi moi vago.

E seguir os seguintes pasos:

- Primeiro: tras crear un blog, mellor que non teñas un tema determinado xa que se non corres o risco de que che vaia a quedar con un esquema a seguir: o que importa é que se inclúan cousas sen sentido e que teña a impresión de estar moi desorganizado.

- Segundo: cando teñas o tema escrito non fai falla pararse en cubrir o apartado de tags senon, os demáis bloggeros pódente atorpar. Mellor quedar no anonimato.

- Terceiro: espero que nin se che ocorra enlazar ningunha páxina, nin vídeo. Senon vai quedar moi prático para quen o lea.

- Cuarto: mellor que non inclúas fotos porque adoitan quedar moi ben e non é o que queremos.

- Quinto: espero que se aparece algunha foto non estea enlazada e que non teña por ningún lado a fonte da que procede. Así se temos sorte igual nos denuncian.

- Sexto: non é preciso que se suba ningunha cabeceira xa que é un lío e non vai valer de nada.

- Séptimo: se tes na cabeza crearlle un fondo moi bonito ou cambiar a plantilla do blog olvídao, perdes o tempo. O máis simple vale perfectamente.

- Octavo: non publiques moi a miúdo e cando o fagas escribe todo seguido e xunto xa que iso quítalle as ganas de ler a calquera

Ah! E por favor: cerra os comentarios que igual a xente dáselle por comentar.

Pero que sepas que se fas todo isto a efectos prácticos a xente non te vai a visitar pero de todas maneiras sí vas a saír do tópico e eso conta aínda que sexa un pouquiño.

Se pola contra queres ter un blog que resulte ameno, interesante e que a xente te visite mira este enlace que che vai a sevir.

]]>
http://bienhablada.lacoctelera.net/post/2008/05/28/como-cargarse-blog#comentarios
Coidado co Photoshop http://bienhablada.lacoctelera.net/post/2008/05/11/coidado-co-photoshop 2008-05-11T13:11:40+00:00 Photoshop é unha ferramenta moi empregada para correxir, modificar, eliminar cousas ou engadirllas ás imaxes.

O programa que tan revolucionario foi e tanta fama ten entre os publicistas e creadores de imaxe tamén o hai que saber controlar e fixarse en todos os detalles. Se non se cumpre isto poden ocorrer cousas como estas que vos poño de seguido.

Se vos fixades a primeira muller non se sabe se é de cor ou branca, e na segunda olvidóuselles de poñerlle a mandíbula a esa modelo:

Desastres de Photoshop Desastres de Photoshop

Technorati Profile
Pois mirade isto, parece que a técnica de clonar é efectiva, jeje:

Photoshop Disasters

Cantas mans ten a muller da pintura?

Photoshop Disasters 2

Un consello: coidado co photoshop! mirade todos os detalles que se algo vai mal e se descubre, a publicidade xa non é efectiva xa que se vai recordar polo fallo, non polo anuncio en sí.

Fotos collidas de -ToDiTiKo- e de jcl onde atoparedes máis exemplos e moi curiosos.

Technorati Profile

]]>
http://bienhablada.lacoctelera.net/post/2008/05/11/coidado-co-photoshop#comentarios
Un novo soporte!!! http://bienhablada.lacoctelera.net/post/2008/05/10/quero-presentarvos-hoxe-ainda-ao-mellor-xa-o-conecedes-un 2008-05-10T17:38:22+00:00 Quero presentarvos hoxe, aínda que ao mellor xa o coñecedes, un novo tipo de soporte para a publicidade. Despois de coñecer xa as típicas vallas, os spots de televisión, as cuñas de radio, o mobiliario urbano... atópome con que agora comeza a aparecer un novo soporte: o corpo humano.

Moitos mozos e mozas ofrecen partes do seu corpo para ser tatuados con avisos publicitarios a cambio dunha compensación.

Joost, Tivo, Second Life, Internet, Poko frecuente, Motorola, Ken Extreme, Xplode de Sony... son as marcas que comezaron a publicitar a súa marca en corpos de modelos.

Xulgade vos mesmos se pode ser efectiva ou non:

bodyad.gif

Estas ao mellor son moi simples pero esta outra xa é máis chamativa:

Nuevo soporte publicitario

Se queredes máis información sobre este tema pinchade aquí e aquí, non ten perda.

Technorati Profile

]]>
http://bienhablada.lacoctelera.net/post/2008/05/10/quero-presentarvos-hoxe-ainda-ao-mellor-xa-o-conecedes-un#comentarios
Música en publicidad http://bienhablada.lacoctelera.net/post/2008/05/03/musica-publicidad 2008-05-03T12:01:21+00:00 Non é a primeira vez que escoito que moita publicidade se basa na música.
É máis, o 90% dos anuncios en televisión teñen algún tipo de música. E non falemos na radio, que neste ámbito a cifra alcanza xa o 98%. Non é ningunha broma.

A música é un compoñente moi expresivo. Evoca máis imaxes que a simple palabra. Suxire máis cousas e a cada persoa unha distinta.

Só hai que recordar o vello anuncio do colacao:

E tamén na actualidade, tan só para vender unhas gafas...

Así que non fai falla explicar moito que a música vende pero pásovos o título dun libro que trata sobre isto:

Historia iconográfica de la música en la publicidad. De Fernnado Montañés e Mikel Barsa. Madrid: Fundación de autor, 2006.
ISBN: 84-8048-718-6

Información e idea collida de: http://weblogs.madrimasd.org/documentacion/archive/2007/02/09/58955.aspx

]]>
http://bienhablada.lacoctelera.net/post/2008/05/03/musica-publicidad#comentarios
Música http://bienhablada.lacoctelera.net/post/2008/05/01/hola-esto-es-prueba 2008-05-01T13:55:59+00:00 Deixovos disfrutar da ponte na compaña de boa música. Aquí vos vai:



Feliz ponte!!!

]]>
http://bienhablada.lacoctelera.net/post/2008/05/01/hola-esto-es-prueba#comentarios
Publicidade social http://bienhablada.lacoctelera.net/post/2008/04/12/publicidade-social 2008-04-12T13:10:23+00:00

A publicidade social é aquela que está en oposición á comercial, é dicir, quere contrarrestar os efectos que esta produce. Intenta facerlle ver aos consumidores que se debe mercar tan so o que fai falla e non facer gastos supérfluos. Intenta conseguir que a sociedade adquira comportamentos beneficiosos e non ten obxectivos lucrativos.

Un exemplo deste tipo de publicidade é o da campaña contra o tabaco que se fai nos propios paquetes de tabaco, pero esta non acaba de resultar:

Quizais sexa máis efectiva esta outra:

Que vos parece?

Este video que vos mostro tamén me parece acertado. Cando o vin quedeime paralizada.


Paréceme que este tipo de campañas conseguen chegar a moitas persoas e, polo menos, fan ver o que en verdade existe e ocorre.

Os anuncios sequeinos da seguinte páxina:

http://www.huasonic.com/2008/04/05/abuso-sexual-a-menores/

]]>
http://bienhablada.lacoctelera.net/post/2008/04/12/publicidade-social#comentarios
Outros http://bienhablada.lacoctelera.net/post/2008/03/30/outros 2008-03-30T16:06:13+00:00 A opinión que se ten da publicidade na sociedade é a de que esta engana, manipula e utiliza á xente tan só para conseguir beneficios.

Esta opinión ven dada por unha concepción tradicional que reinaba nos seus comezos. Críase que a publicidade se facía mediante técnicas ocultas para que o público mercase o producto. Eso quedou arraigado na conciencia da sociedade e, ainda que agora se sabe que as técnicas enpregadas non son tan escuras, á publicidade quedoulle unha profunda ferida.

Agora esta concepción non é tan radical xa que o que se cre é máis obxectivo. Por unha parte séguese crendo que o obxectivo é quitar beneficio, ainda que á conta do consumidor. E por outra, que na actualidade demasiada e que está “ata na sopa”.

Pero o mundo da publicidade é moi amplo e curioso. Hai anuncios que resultan agradables ou graciosos e que atraen a atención. Digo isto porque, supostamente calquera anuncio tería que dar esa sensación pero está claro que non é asi debido á saturación que hai nestes momentos. O que quero dicir é que se atopan anuncios que de verdade vale a pena e por iso vos aconsello que vexades estes blog: http://www.blog.jcl.cl/category/btl/ ou http://larevolucioncreativa.blogspot.com/. Estes blogs foron quen me axudaron a abrir os ollos a novos cousas no mundo da publicidade e a fixarme máis noutros aspectos. Agora xa me paso moi a miúdo por eles con ansias de que xa actualizaran. Sobre todo a primeiro foi quen me abreu as portas dos outros.

Un blog de noticias interesantes sobre a publicidade é o de http://lakimera.wordpress.com/ e unha web http://www.publidata.net/. Son apartados nos que me informo de cousas relacionadas co tema sen entrar na análise dos propios anuncios.

Espero que vos pasedes porque en verdade vale a pena. Un pouco máis de publicidade tampouco se nota.

]]>
http://bienhablada.lacoctelera.net/post/2008/03/30/outros#comentarios
Grandes Publicistas http://bienhablada.lacoctelera.net/post/2008/03/21/grandes-publicistas 2008-03-21T20:39:22+00:00

Que seria de nos, os publicistas ou aspirantes, se non fose polos grandes publicistas de épocas anteriores?

Aquí vos paso un listado de persoeiros importantes da publicidade:

James Walter Thompson crea a primeira axencia de publicidade. Fixo moitos cartos mercando espazos nos xornais e despois os vendía polo dobre as compañías. En 1916 vende a súa empresa e na actualidade segue existindo entre unha das máis importantes.

Albert Lasker dominou neste mundo entre 1900 e 1940. Foi un dos máis fortes grupos anunciadores de produtos, cuxas axencias de publicidade, cos seus executivos e analistas de mercadotecnia, desenvolveron a ciencia da publicidade moderna nos Estados Unidos e lograron estendela por todo o mundo. A súa gran forza radicaba en descubrir, contratar e fomentar talentos. Utilizou personaxes famosos para promocionar os seus produtos.

Rosser Reeves foi quen deseñou o primeiro espot publicitario en 1954. Aproveitou o inmenso poder da televisión, con el a publicidade pasou a ser un poderoso método de persuasión. Reeves produciu espots televisivos para o candidato republicano Eisenhower e así comeza a introducirse na vida política.


David Ogilvy estaba en contra de abusar da confianza do público. Acababa as súas mensaxes publicitarias con detalles destinados a persuadir aos lectores ou telespectadores de que o seu cliente elaborara un produto mellor.

Bill Bernbach foi coñecido como o Picasso de Madison Avenue. Con humanidade e simpatía vendía suavemente e persuadía con cortesía e amabilidade. O sentido do humor de Bernbach tamén axudou a vender moitos produtos como o Volkswagen, o pequeno coche tan pouco atractivo, importado logo da segunda guerra mundial.


"Todos nós os que utilizamos os medios de comunicación de masas, somos os que damos forma á sociedade, podemos vulgarizar esta sociedade ou brutalizala. Pero tamén podemos elevala."

Leo Burnet creou símbolos para non esquecer como Morris o gato, Tony o tigre, o xigante verde de Jolly e o soldado Pillsbury. Producía espots televisivos baseados nunha fantasía hogareña e unha inocencia que se enche de orgullo ao propio Walt Disney.

“Faino sencillo, faino memorable, faino atractivo á vista, faino divertido para quen o le.”


Mary Wells foi a primeira muller que se destacou nun posto directivo en Madison Avenue. Xerente da súa propia empresa, creou un estilo meloso de anuncios para clientes como Philip Morris.

Eduard Ney foi o impulsor do movemento psicolóxico da publicidade estruturado no estudo dos hábitos compradores dos consumidores, as razóns que os impulsaban a seleccionar os produtos e o modo de como o facían.



]]>
http://bienhablada.lacoctelera.net/post/2008/03/21/grandes-publicistas#comentarios
Volvemos http://bienhablada.lacoctelera.net/post/2008/03/08/volvemos 2008-03-08T20:17:03+00:00

A publicidade xurdiu co nacemento das civilizacións como a chinesa, a exipcia e a mesopotámica, onde se desenvolveu un tipo de publicidade aínda rudimentario.

Así por exemplo, en Tebas atopouse o que podería ser o primeiro anuncio publicitario da Historia (con máis de dous mil anos de antigüidade): mandouno facer un texedor, e nel descríbese a unha persoa que fuxiu do seu posto. A parte publicitaria vén ao final cando di iso de "... as mellores teas...".


No século V a. C. popularizáronse os anuncios comerciais de parede. Adoitaban ser negros ou vermellos, e convocaban ás eleccións, a xogos, ao circo, etc. Tamén foi utilizado polos mercadores para anunciar os seus produtos e para cómpra-venda de escravos.

Desta época tamén proceden os primeiros anuncios sonoros da Historia: os proeco. Os proeco eran voceadores que se dedicaban a anunciar os produtos dos comerciantes que lles pagaban. Para ler os textos utilizábanse poetas acompañados por músicos.

Xa en Roma, no século II a. C., atábanse nas paredes públicas numerosos anuncios políticos en branco e negro. Cada candidato publicaba a súa candidatura. Devanditos anuncios servían posteriormente para nomear a rúa.

Os carteis publicitarios, pola súa banda, realizábanse en bronce ou cobre, e colocábanse no foro romano. Alí tamén se daban cita os praecones pagados polas autoridades para difundir as noticias doutras provincias, convocar a eleccións, resultados, poxas, impostos, etc.

En Pompeya anuncio sobre unha taberna que anuncia as súas comidas.
Di: "Temos comida: Polo, peixe, xamón, pavo e caza"

Xa no século XII, temos constancia da existencia de pregoeiros e xograres (que atraían e distraían á xente). Era publicidade colectiva da que se beneficiaban todos.



Os primeiros carteis propiamente ditos fixéronse en Inglaterra. O primeiro correu a cargo de William Caxton, e fíxoo en 1480. O primeiro cartel da historia realizarase pouco despois, en 1482, e foi realizado polo francés Jean du Pré na rúa Saint Jacques de París. Era tan importante a publicación a través do cartel ilustrado que a lei só daba permiso para pór estes carteis baixo autorización, e castigaba con pena de morte se isto se incumpría.

Coa propia aparición das publicacións periódicas, a publicidade atopou un gran soporte para poder expandirse. Aínda que ao principio os anuncios eran de baixa calidade e con grafías moi pobres, coa mellora dos materiais e da produción logrouse alzar a calidade dos anuncios.



]]>
http://bienhablada.lacoctelera.net/post/2008/03/08/volvemos#comentarios