O home primitivo foi o "fundador" da publicidade. Esto pode non parecer verdade pero en certo modo si o é xa que foi él quen comezou a pintar nas paredes das cavernas. Estas pintadas transmitían unha determinada mensaxe, unha idea ou concepto aos seus semellantes. Así comeza a técnica da persuasión.

Máis tarde en Exipto escribíanse os nomes dos Faraóns nos seus templos e os mercaderes en pedras labradas que poñían ao lado dos camiños para promover as súas ventas.

En Roma e Grecia comezan a aparecer os anuncios pintados nas paredes. Pero co nacemento do papiro e, posteriomente do papel, a publicidade conta con maior flexibilidade podéndose mostrar case en calquera sitio.

Os pregoneiros na Idade Media foron os que lle deron personalidade propia á publicidade. Pero estes centrábanse en facer os anuncios oficias do monarca, da Igrexa ou das irmandades. En Francia a figura do pregoneiro foi sustituída por carteis publicitarios en 1539.

A Revolución Francesa en 1789 trouxo consigo o desplegue dos medios de comunicación: discursos, periódicos, boletíns e carteis.Nesta etapa é normal que a imaxe fora a protagonista do anuncio xa que a xente non sabía ler. Así, a litografía impulsou a actividade publicitaria permitíndolle maior creatividade e posibilidades de deseño.

A realización dos posteres publicitarios eran encargados a artistas de renombre e algúns aínda hoxe son considerados obras de arte. O cartel pintado por Frederick Walker en 1871 da "Muller en branco" considérase un dos maiores exemplos de arte publicitario:

Frederick Walker,ARA,RWS The Woman in White oil painting image

A Revolución Industrial do XIX marcou o inicio dunha nova era marcada polos avances tecnolóxicos na mecanización e na organización da produción. A produtividade e o consumo convertéronse nos criterios da economía moderna, impulsando así a sociedade de consumo.

A esto axudoulle a aparición de novos produtos como a banda sen fin e o automóbil. Nesta etapa aparece a competencia e entón a función da publicidade é a de facer que se merquen uns produtos frente a outros. Séntanse así, as bases para a creación da axencia de publicidade moderna.

Co estoupido da 1ª Guerra Mundial os gobernos convertéronse en anunciantes. Utilizaban métodos publicitarios para promever a venta de bonos, conservar recursos e manter a moral en alto. A publicidade convértese en medio efectivo de propaganda.

Hoxe en día os novos avances e as novas tecnoloxías fan da publicidade un sector moi amplo e variado. Estamos sumisos nunha sociedade onde a publicidade é imprescindible. Se esta non existira encontrariámonos nun mundo totalmente distinto e esto llelo hai que agradecer aos nosos antecesores.