Que seria de nos, os publicistas ou aspirantes, se non fose polos grandes publicistas de épocas anteriores?

Aquí vos paso un listado de persoeiros importantes da publicidade:

James Walter Thompson crea a primeira axencia de publicidade. Fixo moitos cartos mercando espazos nos xornais e despois os vendía polo dobre as compañías. En 1916 vende a súa empresa e na actualidade segue existindo entre unha das máis importantes.

Albert Lasker dominou neste mundo entre 1900 e 1940. Foi un dos máis fortes grupos anunciadores de produtos, cuxas axencias de publicidade, cos seus executivos e analistas de mercadotecnia, desenvolveron a ciencia da publicidade moderna nos Estados Unidos e lograron estendela por todo o mundo. A súa gran forza radicaba en descubrir, contratar e fomentar talentos. Utilizou personaxes famosos para promocionar os seus produtos.

Rosser Reeves foi quen deseñou o primeiro espot publicitario en 1954. Aproveitou o inmenso poder da televisión, con el a publicidade pasou a ser un poderoso método de persuasión. Reeves produciu espots televisivos para o candidato republicano Eisenhower e así comeza a introducirse na vida política.


David Ogilvy estaba en contra de abusar da confianza do público. Acababa as súas mensaxes publicitarias con detalles destinados a persuadir aos lectores ou telespectadores de que o seu cliente elaborara un produto mellor.

Bill Bernbach foi coñecido como o Picasso de Madison Avenue. Con humanidade e simpatía vendía suavemente e persuadía con cortesía e amabilidade. O sentido do humor de Bernbach tamén axudou a vender moitos produtos como o Volkswagen, o pequeno coche tan pouco atractivo, importado logo da segunda guerra mundial.


"Todos nós os que utilizamos os medios de comunicación de masas, somos os que damos forma á sociedade, podemos vulgarizar esta sociedade ou brutalizala. Pero tamén podemos elevala."

Leo Burnet creou símbolos para non esquecer como Morris o gato, Tony o tigre, o xigante verde de Jolly e o soldado Pillsbury. Producía espots televisivos baseados nunha fantasía hogareña e unha inocencia que se enche de orgullo ao propio Walt Disney.

“Faino sencillo, faino memorable, faino atractivo á vista, faino divertido para quen o le.”


Mary Wells foi a primeira muller que se destacou nun posto directivo en Madison Avenue. Xerente da súa propia empresa, creou un estilo meloso de anuncios para clientes como Philip Morris.

Eduard Ney foi o impulsor do movemento psicolóxico da publicidade estruturado no estudo dos hábitos compradores dos consumidores, as razóns que os impulsaban a seleccionar os produtos e o modo de como o facían.