Publicidad:
La Coctelera

galaxia copia

21 Marzo 2008

Grandes Publicistas

Que seria de nos, os publicistas ou aspirantes, se non fose polos grandes publicistas de épocas anteriores?

Aquí vos paso un listado de persoeiros importantes da publicidade:

James Walter Thompson crea a primeira axencia de publicidade. Fixo moitos cartos mercando espazos nos xornais e despois os vendía polo dobre as compañías. En 1916 vende a súa empresa e na actualidade segue existindo entre unha das máis importantes.

Albert Lasker dominou neste mundo entre 1900 e 1940. Foi un dos máis fortes grupos anunciadores de produtos, cuxas axencias de publicidade, cos seus executivos e analistas de mercadotecnia, desenvolveron a ciencia da publicidade moderna nos Estados Unidos e lograron estendela por todo o mundo. A súa gran forza radicaba en descubrir, contratar e fomentar talentos. Utilizou personaxes famosos para promocionar os seus produtos.

Rosser Reeves foi quen deseñou o primeiro espot publicitario en 1954. Aproveitou o inmenso poder da televisión, con el a publicidade pasou a ser un poderoso método de persuasión. Reeves produciu espots televisivos para o candidato republicano Eisenhower e así comeza a introducirse na vida política.


David Ogilvy estaba en contra de abusar da confianza do público. Acababa as súas mensaxes publicitarias con detalles destinados a persuadir aos lectores ou telespectadores de que o seu cliente elaborara un produto mellor.

Bill Bernbach foi coñecido como o Picasso de Madison Avenue. Con humanidade e simpatía vendía suavemente e persuadía con cortesía e amabilidade. O sentido do humor de Bernbach tamén axudou a vender moitos produtos como o Volkswagen, o pequeno coche tan pouco atractivo, importado logo da segunda guerra mundial.


"Todos nós os que utilizamos os medios de comunicación de masas, somos os que damos forma á sociedade, podemos vulgarizar esta sociedade ou brutalizala. Pero tamén podemos elevala."

Leo Burnet creou símbolos para non esquecer como Morris o gato, Tony o tigre, o xigante verde de Jolly e o soldado Pillsbury. Producía espots televisivos baseados nunha fantasía hogareña e unha inocencia que se enche de orgullo ao propio Walt Disney.

“Faino sencillo, faino memorable, faino atractivo á vista, faino divertido para quen o le.”


Mary Wells foi a primeira muller que se destacou nun posto directivo en Madison Avenue. Xerente da súa propia empresa, creou un estilo meloso de anuncios para clientes como Philip Morris.

Eduard Ney foi o impulsor do movemento psicolóxico da publicidade estruturado no estudo dos hábitos compradores dos consumidores, as razóns que os impulsaban a seleccionar os produtos e o modo de como o facían.



servido por bienhablada 1 comentario compártelo

8 Marzo 2008

Volvemos

A publicidade xurdiu co nacemento das civilizacións como a chinesa, a exipcia e a mesopotámica, onde se desenvolveu un tipo de publicidade aínda rudimentario.

Así por exemplo, en Tebas atopouse o que podería ser o primeiro anuncio publicitario da Historia (con máis de dous mil anos de antigüidade): mandouno facer un texedor, e nel descríbese a unha persoa que fuxiu do seu posto. A parte publicitaria vén ao final cando di iso de "... as mellores teas...".


No século V a. C. popularizáronse os anuncios comerciais de parede. Adoitaban ser negros ou vermellos, e convocaban ás eleccións, a xogos, ao circo, etc. Tamén foi utilizado polos mercadores para anunciar os seus produtos e para cómpra-venda de escravos.

Desta época tamén proceden os primeiros anuncios sonoros da Historia: os proeco. Os proeco eran voceadores que se dedicaban a anunciar os produtos dos comerciantes que lles pagaban. Para ler os textos utilizábanse poetas acompañados por músicos.

Xa en Roma, no século II a. C., atábanse nas paredes públicas numerosos anuncios políticos en branco e negro. Cada candidato publicaba a súa candidatura. Devanditos anuncios servían posteriormente para nomear a rúa.

Os carteis publicitarios, pola súa banda, realizábanse en bronce ou cobre, e colocábanse no foro romano. Alí tamén se daban cita os praecones pagados polas autoridades para difundir as noticias doutras provincias, convocar a eleccións, resultados, poxas, impostos, etc.

En Pompeya anuncio sobre unha taberna que anuncia as súas comidas.
Di: "Temos comida: Polo, peixe, xamón, pavo e caza"

Xa no século XII, temos constancia da existencia de pregoeiros e xograres (que atraían e distraían á xente). Era publicidade colectiva da que se beneficiaban todos.



Os primeiros carteis propiamente ditos fixéronse en Inglaterra. O primeiro correu a cargo de William Caxton, e fíxoo en 1480. O primeiro cartel da historia realizarase pouco despois, en 1482, e foi realizado polo francés Jean du Pré na rúa Saint Jacques de París. Era tan importante a publicación a través do cartel ilustrado que a lei só daba permiso para pór estes carteis baixo autorización, e castigaba con pena de morte se isto se incumpría.

Coa propia aparición das publicacións periódicas, a publicidade atopou un gran soporte para poder expandirse. Aínda que ao principio os anuncios eran de baixa calidade e con grafías moi pobres, coa mellora dos materiais e da produción logrouse alzar a calidade dos anuncios.



servido por bienhablada 1 comentario compártelo

1 Marzo 2008

Pouco a pouco

O home primitivo foi o "fundador" da publicidade. Esto pode non parecer verdade pero en certo modo si o é xa que foi él quen comezou a pintar nas paredes das cavernas. Estas pintadas transmitían unha determinada mensaxe, unha idea ou concepto aos seus semellantes. Así comeza a técnica da persuasión.

Máis tarde en Exipto escribíanse os nomes dos Faraóns nos seus templos e os mercaderes en pedras labradas que poñían ao lado dos camiños para promover as súas ventas.

En Roma e Grecia comezan a aparecer os anuncios pintados nas paredes. Pero co nacemento do papiro e, posteriomente do papel, a publicidade conta con maior flexibilidade podéndose mostrar case en calquera sitio.

Os pregoneiros na Idade Media foron os que lle deron personalidade propia á publicidade. Pero estes centrábanse en facer os anuncios oficias do monarca, da Igrexa ou das irmandades. En Francia a figura do pregoneiro foi sustituída por carteis publicitarios en 1539.

A Revolución Francesa en 1789 trouxo consigo o desplegue dos medios de comunicación: discursos, periódicos, boletíns e carteis.Nesta etapa é normal que a imaxe fora a protagonista do anuncio xa que a xente non sabía ler. Así, a litografía impulsou a actividade publicitaria permitíndolle maior creatividade e posibilidades de deseño.

A realización dos posteres publicitarios eran encargados a artistas de renombre e algúns aínda hoxe son considerados obras de arte. O cartel pintado por Frederick Walker en 1871 da "Muller en branco" considérase un dos maiores exemplos de arte publicitario:

Frederick Walker,ARA,RWS The Woman in White oil painting image

A Revolución Industrial do XIX marcou o inicio dunha nova era marcada polos avances tecnolóxicos na mecanización e na organización da produción. A produtividade e o consumo convertéronse nos criterios da economía moderna, impulsando así a sociedade de consumo.

A esto axudoulle a aparición de novos produtos como a banda sen fin e o automóbil. Nesta etapa aparece a competencia e entón a función da publicidade é a de facer que se merquen uns produtos frente a outros. Séntanse así, as bases para a creación da axencia de publicidade moderna.

Co estoupido da 1ª Guerra Mundial os gobernos convertéronse en anunciantes. Utilizaban métodos publicitarios para promever a venta de bonos, conservar recursos e manter a moral en alto. A publicidade convértese en medio efectivo de propaganda.

Hoxe en día os novos avances e as novas tecnoloxías fan da publicidade un sector moi amplo e variado. Estamos sumisos nunha sociedade onde a publicidade é imprescindible. Se esta non existira encontrariámonos nun mundo totalmente distinto e esto llelo hai que agradecer aos nosos antecesores.

servido por bienhablada 3 comentarios compártelo

24 Febrero 2008

E máis

Quero decirvos de que vai a tratar o meu blog. Quero aportar o meu grao de area a esta sociedade que estamos a crear.

Espero facer da publicidade o tema esencial deste espazo. Non só intentar facer una análise da publicidade actual senon tamén facer un recorrido pola súa historia. Aínda non son nin moito menos unha profesional neste ámbito pero creo que esto pódeme aportar algo para chegar a selo.

Pretendo facer unha visión da comunicación dende o punto de vista da publicidade. Espero que a partir dos vosos blogs me vaia facendo unha idea mellor do tema e así facer un bo comezo.

Saúdos.

servido por bienhablada 7 comentarios compártelo

24 Febrero 2008

Todo

Ola, aquí empezo o meu blog! Espero que vos poida servir para algo!

Non sei se vos destes de conta de que estamos a crear un mundo incrible, unha sociedade pequena pero importante. Os blogs fan que xente cos mesmos intereses se "únan" e comenten as curiosidades do campo que teñen en común. Dentro disto, blogs individuais que, vistos de forma independente son totalmente distintos pero se se ven en conxunto pódese apreciar unha interrelación moi forte.

Gústame moito este mundo xa que se poden aprender moitas cousas novas e á vez mostrar o que un atopou ou lle ensinaron.

Espero que todos os novos blogs se convertan en páxinas de gran interese e que esta nova "comunidade" se faga cada vez máis grande.

Que siga a comunicación!!

Tags: blog, comunidad

servido por bienhablada 1 comentario compártelo


Sobre mí

Son Olalla e vivo en Bodaño unha aldeíña de Vila de Cruces no centro de Galicia. Agora estudo en Pontevedra Publicidade e Relacións Públicas. Supoño que falarei de aspectos relacionados coa comunicación e máis en relación coa publicidade. (Ou iso din...) Add to Technorati Favorites

Fotos

bienhablada todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera